Encantaríanos poder contar contigo como colaborador/a de Os Palleiros! Podes facelo de diferentes maneiras:
1) Voluntario: ven ao refuxio e participa activamente no cuidado dos canciños. Podes cepillalos, xogar con eles e acariñalos. Precisan moitíiisimo cariño, ao mesmo tempo que axudas a sociabilizalos e a mellorar a súa calidade de vida mentres lle buscamos un fogar.
2) Socio: faite socio e contribúe a financiar os moitísimos gastos que supoñen os máis de 130 canciños vivindo nestas precarias instalacións (persoal, limpeza, pienso, veterinarios,..). Na páxina principal tes o impreso a túa disposición.
3) Adoptante: Máis de 250 adopcións nestes últimos 2 anos confirman que “se pode vivir sen can/cadela, pero non paga a pena”. É unha auténtica delicia escoitar aos felicísimos donos/as meses despois, e mesmo ver a transformación espectacular no físico e carácter dos cadeliños!
4) Casa de acollida: Mentres agardamos polas novas instalacións, precisamos casas que acollan nun curto período aos canciños en posoperatorios, e mesmo cando son cachorriños moi pequenos, xa que, doutra maneira poderían morrer no refuxio actual..
5) PADRIÑO/MADRIÑA: Se non podes adoptar un can, poderías apadriñar ao teu preferido cunha pequeniña aportación económica, ademáis de visitalo, bañalo ou pasealo sempre que podas.
6) Colaborador: son cada vez máis os que colaborades con nós de mil formas diferentes: asistencia aos eventos benéficos, mercas dos productos Palleiros, doación económica, doación de correas, colares, comedeiros metálicos, cepillos, .., doación de toallas, mantas vellas.., promoción, web, etc.. E seguimos precisando máis..
Pregúntanos o que queiras para informarte dos detalles máis concretos da túa colaboración. Con que escrivas no Blog (ou no Foro), xa te consideramos, como amante dos animais todo un/ha PALLEIR@.
Aos que colaborástedes algunha vez, aos que o seguides facendo, e aos que de seguro colaboraredes: MOITÍSIMAS GRACIAS en nome de todos: GUAU!



